Convocatorias

Abierta convocatoria para participar en el XXIII Certame Literario a Pipa 2014 da Alta Montaña Luguesa

La Asociación Cultural A Pipa de Becerreá, en colaboración con la RGT (Revista Galega de Teatro) convocan el XXIII Certame Literario A Pipa 2014 da Alta Montaña Luguesa, un Premio de dramaturgia breve en lengua gallega además de las modalidades de poesía y relato.

 

Este certamen, el único existente de dramaturgia breve en galego está abierto a la participación de cualquir persona interesada en los ámbitos de creación a los que se cirscunscribe este Concurso.

El XXIII Certame Literario A Pipa 2014 da Alta Montaña Luguesa se rige por las bases siguientes:

Asociación Cultural A Pipa de Becerreá (CIF. G27441708) en colaboración coa RGT (Revista Galega de Teatro. ISSN1888-2412) convoca o XXIII Certame Literario A Pipa 2014 da Alta Montaña Luguesa, nas modalidades de Poesía, Relato e Dramaturxia breve.

1. Temática.

O tema é libre.

2. Modalidades.

2.A.- POESÍA (máximo 50 versos. Formato documento Word ou Pdf.). CATEGORÍA INFANTIL (Dos 8 ós 14 anos). CATEGORÍA XUVENIL (Dos 14 ós 18 anos). CATEGORÍA Revista «A PIPA» para maiores de 18 anos.

2.B.- RELATO, NARRACIÓN OU CONTO breve (máximo 5 páxinas por unha soa cara. Letra Times New Roman 12. Dobre espazo entre as liñas do texto. Formato documento Word ou Pdf.). CATEGORÍA INFANTIL (Dos 8 ós 14 anos). CATEGORÍA XUVENIL (Dos 14 ós 18 anos). CATEGORÍA Revista «A PIPA» para maiores de 18 anos.

2.C.- DRAMATURXIA BREVE (máximo 10 páxinas. Formato documento Word ou Pdf.). Maiores de 18 anos.

3. Os premios.

Para cadansúa MODALIDADE e categoría establécense 1º e 2º PREMIOS, mailos ACCÉSITS que o Xurado considere necesarios. Cada premio consiste nunha estatuíña de cerámica de Sargadelos con placa inscrita, un lote de libros, e a correspondente acta ou título acreditativo. A Asociación Cultural A PIPA DE BECERREÁ non descarta que os traballos premiados poidan ser editados nun Na modalidade de DRAMATURXIA BREVE, ademais da estatuíña de cerámica de Sargadelos con placa inscrita, un lote de libros, e a correspondente acta ou título acreditativo, o premio tamén inclúe a publicación das pezas galardoadas na RGT (Revista Galega de Teatro. ISSN 1888-2412)

4. Cerimonia de Entrega de Premios.

A Entrega de Premios de RELATO terá lugar o sábado 27 de decembro de 2014 ás 20 h. na Casa de Cultura de Becerreá, no marco da XXIII NOITE POÉTICA. A Entrega de Premios de POESÍA e DRAMATURXIA BREVE terá lugar o domingo 28 de decembro de 2014 ás 19 h. na Casa de Cultura de Becerreá, coincidindo coa presentación de TEXTÍCULOS DRAMÁTICOS E POSDRAMÁTICOS (Editorial Laiovento). (A Asociación Cultural A Pipa de Becerreá non se compromete a envíar os galardóns ás persoas premiadas. Os galardóns deberán ser recollidos polas persoas premiadas, ou por outras nas que deleguen, durante estas dúas xornadas de entrega sinaladas ou nun prazo máximo que conclúe na data de presentación dos traballos da edición seguinte deste Certame. De non ser así o agasallo outorgado á persoa premiada pasará a formar parte dos fondos da Asociación Cultural A Pipa de Becerreá.)

5. Presentación e Prazo.

5. A.- Cada participante poderá presentar un só traballo inédito por cada MODALIDADE (POESÍA, UN RELATO BREVE, UNHA DRAMATURXIA BREVE) en LINGUA GALEGA, axustándose á extensión e formato que se indican no apartado 2 destas bases.

5. B.- Os traballos deben ser enviados por correo electrónico, no que se acheguen dous documentos en formato Word ou Pdf.: Un documento co POEMA, o RELATO ou/e unha DRAMATURXIA BREVE anónimos. Noutro documento deberán aparecer, xunto ao título do POEMA, RELATO ou/e DRAMATURXIA BREVE, os datos da/o autor/a (nome e apelidos, data de nacemento, enderezo postal, teléfono de contacto. Tamén se pode incluír un breve currículo), indicando, ademais, a(s) MODALIDADE(S) e CATEGORÍA na que participan.

5. C.- O prazo de admisión de correos electrónicos rematará o VENRES 19 DE DECEMBRO de 2014 ás 24 h.

5. D.- Os traballos deben enviarse ao enderezo electrónico: 23certameapipa@gmail.com

6. O Xurado. O Fallo.

Nas MODALIDADES DE POESÍA E RELATO BREVE, o Xurado estará composto pola Xunta Directiva da Asociación Cultural A PIPA de Becerreá, que tamén poderá convidar a algún profesional do mundo do Ensino, da Literatura e das Artes. Na MODALIDADE DE DRAMATURXIA BREVE, o Xurado estará composto por membros do Consello de Redacción da RGT (Revista Galega de Teatro. ISSN 1888-2412). A Asociación Cultural A Pipa de Becerreá (CIF. G27441708) emitirá unha acta coa resolución do Xurado. O fallo farase público a través dos medios de comunicación, no blog https://www.apipadebecerrea.blogspot.com, na páxina de Facebook https://www.facebook.com/apipa.debecerrea, e tamén se transmitirá persoalmente ás persoas premiadas a través do correo electrónico e de chamada telefónica.


Mostrar más

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Botón volver arriba