V Certame Galego de Banda Deseñada sobre Teatro
La Asociación Cultural Entre Bambalinas, editora de la Revsita Galega de Teatro (RGT) convoca la quinta edición del ‘Certame Galego de Banda Deseñada sobre Teatro’ con el objetivo de contribuir a la divulgación del teatro gallego y portugués. La fecha límite de recepción de las obras es el 9 de enero de 2015.
Bases del ‘V Certame Galego de Banda Deseñada sobre Teatro’:
1)A Asociación Cultural Entre Bambalinas, editora da Revista Galega de Teatro (RGT), convoca este certame co obxectivo de contribuír, por medio da banda deseñada, á divulgación do teatro galego e portugués.
2) Neste certame poderán participar todas as persoas físicas ou xurídicas, e poderán presentar, cada unha delas, cantas obras desexen.
3) Para o concurso, cada participante deberá adaptar para banda deseñada nunha única páxina a escena 34 da peza Imundação, de Marta Freitas, editado pola Revista Galega de Teatro no seu número 73 e que pode consultarse na web: www.revistagalegateatro.com.
Dos traballos recibidos, un xurado escollerá a proposta gañadora para encargarlle a adaptación completa da obra. O traballo final deberá ser entregado o 16 de marzo.
4) O texto do traballo será en lingua galega ou portuguesa.
5) A extensión será como mínimo de 12 páxinas (cor ou branco e negro) máis portada en cor. O formato será DIN A-4 (210 mm x 297 mm) en soporte papel ou dixital.
6) Os traballos non poderán levar o nome da autora ou autor de xeito visible. Presentaranse en sobre, sen sinatura nin nome, baixo un título ou lema. No seu interior incluirase outro sobre co mesmo título ou lema, e os datos persoais: nome e apelidos, fotocopia do DNI, enderezo postal, teléfono de contacto e enderezo de correo electrónico.
7) A recepción de traballos rematará o día 9 de xaneiro de 2015, este incluído. Deberán remitirse por correo postal a: Revista Galega de Teatro. Apartado de Correos nº 210. 36940 Cangas do Morrazo (Pontevedra).
8) A organización non se responsabiliza de posibles ro
9) O fallo inapelable do xurado será o día 19 de xaneiro de 2015 a través da web: www.revistagalegateatro.com.
10) A organización resérvase o dereito de realizar exposicións públicas con todos os orixinais presentados.
11) Os exemplares non premiados poderán ser reclamados a partir do 20 de xaneiro de 2015. Os gastos de devolución correrán por conta dos concursantes. O orixinal premiado e os orixinais non solicitados, pasarán a formar parte do Fondo Teatral María Casares da Biblioteca Pública de Cangas.
12) Establécese un único premio de 600 euros e a publicación da obra gañadora. O premio en metálico será dividido en dúas entregas: unha primeira entrega de 250 euros no momento de coñecer a decisión do xurado -19 de xaneiro de 2015- e unha segunda entrega de 450 euros no momento da recepción do traballo completo -16 de marzo.
13) Un xurado cualificado determinará a mellor obra. O premio poderá ser declarado deserto.
15) A participación neste concurso implica a aceptación de todas as súas bases. A organización poderá introducir, se o cre preciso, as modificacións que estime pertinentes para o bo funcionamento do certame. De igual xeito, coidará das obras presentadas pero non se fai responsable da súa integridade.
Para calquera información sobre o concurso, as persoas interesadas poderán dirixirse ao enderezo:
revistagalegateatro@hotmail.com.