Bases del 11º Premio Abrente para Textos Teatrales
Se presentan las bases de la undécima edición del Premio Abrente para Textos Teatrales, que tiene el objetivo de incentivar y apoyar la creación dramática en lengua gallega. Se establece un único premio de 3.000 euros.
BASES DEL 11º PREMIO ABRENTE PARA TEXTOS TEATRAIS
Coa intención de incentivar e apoiar a creación dramática en lingua galega e por ser o teatro a actividade que maior incidencia e proxección histórica lle outorgou á ribadaviense Agrupación Cultural Abrente (1969-1983), o Concello de Ribadavia a través da Mostra Internacional de Teatro (MIT) convoca, en lembranza daqueles «Concursos de Textos Teatrais», a 11ª edición do Premio Abrente para Textos Teatrais 2016, de acordo coas seguintes bases:
1ª REQUISITOS
Poderán optar ao premio todas as autoras e autores de calquera nacionalidade que presenten obra dramática inédita e nunca antes premiada ata a data de resolución desta convocatoria, sempre que estea escrita na normativa oficial da lingua galega.
2ª PREMIOS
Establécese un premio único, dotado con 3.000 euros, unha estatuíña do artista Manuel Rodríguez Alonso (Sampedro) e a edición da obra gañadora.
O Concello reservará por un prazo de doce meses os dereitos de edición e representación da obra e entregará ao gañador/a un total de vinte exemplares. Igualmente, o Concello poderá promover, a través da Mostra Internacional de Teatro, a produción para a escenificación das obras premiadas, sen que isto supoña unha compensación complementaria para o autor/a.
En calquera montaxe que se faga da obra gañadora farase constar, obrigatoriamente, tanto no programa, cartel, publicidade, etc., a mención expresa «PREMIO ABRENTE DE TEATRO. MIT RIBADAVIA 2016».
3ª PRESENTACIÓN DOS ORIXINAIS
As obras serán de tema e extensión libre e presentaranse por triplicado, mecanografadas a dobre espazo, en tamaño DIN A4, fonte de letra Times New Roman, por unha soa cara e coas follas numeradas, grampadas ou encadernadas.
Os orixinais presentaranse baixo o título e un lema ou pseudónimo, acompañados dunha plica onde figure, no exterior, o título e o lema ou pseudónimo e que conteña, no interior, os datos persoais da autora ou autor: nome, apelidos, DNI, enderezo postal, número de teléfono e correo electrónico.
4ª PRAZO E LUGAR DE ADMISIÓN
O prazo de admisión de orixinais remata o día 20 de xuño de 2016 e deberán enviarse ao seguinte enderezo:
Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia. Praza Maior s/n, C.P. 32400, Ribadavia, Ourense
Deberase indicar no exterior do sobre «11º Premio Abrente para Textos Teatrais, 2016»
5ª XURADO
O xurado presidirao o alcalde de Ribadavia ou persoa en quen delegue e formarán parte del: a concelleira de Cultura ou persoa en quen delegue, o director da Mostra Internacional de Teatro e tres persoas de recoñecido prestixio no eido da arte teatral. O nomeamento do xurado farao o alcalde e actuará como secretario/a a persoa elixida por maioría entre os membros integrantes.
A composición do xurado farase pública con anterioridade á súa reunión, coa intención de que se poidan interpor, se fose o caso, as alegacións pertinentes.
6ª COMUNICACIÓN DO DITAME
O xurado actuará en sesión única, sendo precisa a asistencia de dous terzos dos seus membros.
As deliberacións serán secretas e delas redactarase a acta correspondente. A obra gañadora será escolleita entre dúas obras finalistas, sendo a gañadora a que obteña un mínimo de catro votos. A plica correspondente á obra finalista poderá ser aberta polo secretario do xurado se se considera oportuno para que, se o autor/a o permite, se dea a coñecer de maneira pública. O veredito do xurado será inapelable.
O xurado poderá declarar deserto o premio e a súa proposta será obxecto de resolución da Alcaldía-Presidencia do Concello de Ribadavia, que é o órgano competente para resolver o premio.
A decisión do xurado darase a coñecer publicamente en xullo de 2016, no contexto da XXXII edición da Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia.
7ª RETIRADA DE ORIXINAIS NON PREMIADOS
Os orixinais non premiados poderán ser retirados das dependencias do Concello de Ribadavia no prazo de 30 días naturais a partir do seguinte da decisión do xurado. Aqueles orixinais que non sexan retirados nun prazo de dous anos pasarán a formar parte dos fondos do Concello, previa destrución das plicas que conteñan os datos persoais dos concursantes.
8ª ACEPTACIÓN DAS BASES
A participación nesta convocatoria supón a total aceptación destas bases. A entidade organizadora queda facultada para resolver calquera cuestión non prevista nas presentes bases.