Convocatorias

El Departamento de Producción Coreográfica de Agadic busca bailarines y bailarinas para una nueva producción

Se presenta la convocatoria y las bases reguladoras para la selección de 8 plazas de bailarines y bailarinas para participar en la producción de la temporada 2016 ‘As Catro Estacións’ del Departamento de Producción Coreográfica de Agadic.

 

Ao Departamento de Produción Coreográfica da Agadic correspóndelle o desenvolvemento da política de creación coreográfica relativa ao sector da danza en Galicia, segundo se establece no Estatuto da Agadic, aprobado mediante Decreto 150/2012, do 16 de xullo. Co obxecto de levar a cabo a produción coreográfica correspondente a temporada 2016, «As catro estacións», de A. Vivaldi, procede facer a selección dos bailaríns e bailarinas que formarán parte do seu reparto.

Primeira.- Normas xerais

1.1 Número e características das prazas.

Convócase proceso de selección para a contratación, baixo a modalidade de contrato especial para artistas ao abeiro do R.D. 1435/85, de 1 de agosto, de 8 prazas de bailaríns/as a xornada completa (4 bailaríns e 4 bailarinas), para a produción correspondente á temporada 2016 do Departamento de Produción Coreográfica da Agadic, «As catro estacións», de A. Vivaldi.

Cada praza de bailarín/a a xornada completa está dotada cunha retribución bruta de 1.336,69 € mensuais e a contratación farase con cargo á aplicación orzamentaria 10.A1.432B.6401 da Agadic.

A duración do contrato será do 04/07/2016 ao 03/12//2016.

1.2 Procedemento de selección

O procedemento de selección constará de dúas fases: unha primeira de valoración do currículo vitae e a segunda que consistirá nunha audición, á que accederán as persoas que superen a primeira fase.

Segunda.- Requisitos dos aspirantes

2.1. Xerais.

Para seren admitidos os aspirantes deberán reunir no último día do prazo de presentación de instancias os seguintes requisitos:

2.1.1 Nacionalidade: ser español ou nacional dalgún dos Estados membros da Unión Europea, ou nacional dalgún Estado ao cal, en virtude dos tratados internacionais celebrados pola Unión Europea e ratificados por España, lle sexa de aplicación a libre circulación de traballadores.

Tamén poderán participar, calquera que sexa a súa nacionalidade, o cónxuxe dos españois, dos nacionais dalgún dos demais estados membros da Unión Europea, cando así prevexa o correspondente tratado, e dos nacionais dalgún Estado, ao cal en virtude dos tratados internacionais celebrados pola Unión Europea e ratificados por España lle sexa de aplicación a libre circulación de traballadores, sempre que non estean separados de dereito, así como os seus descendentes e os do seu cónxuxe, menores de vinte e un anos ou maiores de dita idade que vivan ás súas expensas.

Así mesmo, poderán participar os que, non estando incluídos nos parágrafos anteriores, se atopen en España en situación de legalidade, sendo titulares dun documento que os habilite a residir e poder acceder sen limitacións ao mercado laboral. En consecuencia, poderán participar os que se atopen en situación de residencia temporal ou residencia permanente, así como os refuxiados.

2.1.2 Idade: ter cumpridos os dezaseis anos.

2.1.3 Titulación: polas características das prazas, non terá que acreditarse titulación.

2.1.4 Capacidade: non padecer enfermidade nin estar afectado por limitación física ou psíquica que sexa incompatible co desempeño das correspondentes funcións.

Todos os requisitos enumerados nas anteriores bases deberán posuírse antes do remate do prazo de presentación de solicitudes e manterse ata o momento de toma de posesión da praza resultante deste proceso selectivo.

Terceira.- Solicitudes.

3.1 Forma.

Quen desexe tomar parte na convocatoria deberá formular a súa solicitude no modelo de instancia que figura como anexo I, xunto coa seguinte documentación:

a) Copia do D.N.I., N.I.E ou pasaporte.

Os aspirantes estranxeiros que residan en España deberán presentar, ademais, unha fotocopia cotexada da tarxeta de residente comunitario ou de familiar de residente comunitario en vigor ou, se é o caso, da tarxeta temporal de residente comunitario ou de traballador comunitario fronteirizo en vigor.

Os aspirantes que sexan nacionais da Unión Europea ou dalgún Estado ao cal, en virtude dos tratados internacionais celebrados pola Unión Europea e ratificados por España lle sexa de aplicación a libre circulación de traballadores, que non residan en España, ben por residiren no estranxeiro ou por atopárense en España en réxime de estadía, deberán presentar unha fotocopia cotexada do documento de identidade ou pasaporte.

Os familiares dos anteriores deberán presentar unha fotocopia cotexada do visado e, se é o caso, do xustificante de ter solicitado a correspondente tarxeta. De non ter solicitados estes documentos, deberán presentar os documentos expedidos polas autoridades competentes que acrediten o vínculo do parentesco e unha declaración responsable de non estar separado de dereito do seu cónxuxe , se é o caso, do feito de que o aspirante vive ás súas expensas.

b) Curriculum vitae no que consten, debidamente xustificados, títulos de capacitación profesional, postos de traballo desempeñados, anos de servizo en cada posto, outros estudos e cursos realizados, así como aqueles méritos e circunstancias con relevancia para o posto de traballo que o solicitante considere oportuno incluír, referidos á data de finalización de presentación de solicitudes.

Para xustificar os méritos alegados, será preciso que as persoas aspirantes acheguen xunto co currículo copias compulsadas dos títulos ou diplomas correspondentes e contratos que así o acrediten. Tamén poderán achegarse certificacións orixinais ou fotocopia compulsada destas, expedidas polas entidades que impartiron a formación ou que procederon a súa contratación.

c) Unha fotografía de corpo enteiro.

3.2 Destinatario, lugar de presentación e prazo.

Os aspirantes deberán presentar a súa solicitude:

⁃ Por correo postal a: Agadic, Cidade da Cultura de Galicia, Monte Gaiás s/n, 15707 Santiago de Compostela.

⁃ No rexistro da Agadic

⁃ Ou por calquera dos medios establecidos no artigo 38 da lei 30/1992, do 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común.

O prazo de presentación será de QUINCE DIAS HÁBILES contados a partir do día seguinte ao da publicación da convocatoria.

Unha vez rematado o prazo de presentación de solicitudes de participación, por resolución da Agadic aprobaranse as listas provisionais de admitidos e excluídos, con indicación das causas de exclusión.

Esta lista publicarase na páxina web da Agadic (www.agadic.gal) e no taboleiro de anuncios da Agadic e do Departamento de Produción Coreográfica, dispoñendo as persoas interesadas dun prazo de tres días (3) hábiles, contados desde o seguinte ao da súa publicación, para presentar as emendas correspondentes.

Rematado o prazo anterior, ditarase resolución mediante a que se aproba a lista definitiva de aspirantes admitidos/as, publicándose na forma descrita. Esta publicación implica a desestimación das alegacións ou emendas formuladas por aqueles/as aspirantes que quedan definitivamente excluídos/as.

Cuarta.- Probas

As probas contarán de dúas fases: valoración do currículo profesional e proba de interpretación. A puntuación máxima a acadar é de 50 puntos.

Primeira fase: Valoración de currículo profesional (20 puntos máximo)

O tribunal avaliará e seleccionará, atendendo aos criterios de idoneidade e experiencia na danza, o currículo achegado polo/a aspirante, valorando os seguintes méritos:

⁃ A posesión do grao ou título superior de danza (5 puntos)

⁃ A experiencia profesional na área da danza (1 punto por cada montaxe profesional no que participara, cun máximo de 10 puntos)

⁃ Outros cursos de formación relacionados coa danza, impartidos por centros oficiais ou homologados (1 punto por cada curso ata un máximo de 5 puntos)

Ditos méritos poderán ser acreditados mediante:

⁃ Copia compulsada dos títulos de capacitación profesional ou dos cursos de formación realizados.

⁃ Copia compulsada dos contratos de traballo.

⁃ Certificacións orixinais ou copia compulsada destas expedidas polas entidades que impartiron a devandita formación ou que procederon a súa contratación.

Para estes efectos, o órgano de selección poderá requirir documentación aclaratoria ou complementaria dos méritos alegados cuxos documentos acreditativos considere insuficientes ou confusos.

Rematada esta primeira fase, publicarase no taboleiro de anuncios do Departamento de Produción Coreográfica, sito na Praza de Agustín Díaz Sánchez, s/n, Complexo Deportivo de Elviña, no taboleiro de anuncios da Agadic, sito na Cidade da Cultura de Galicia, e na páxina web www.agadic.gal, listaxe de seleccionados/as para a segunda fase, concedéndose un prazo de tres (3) días hábiles para formular as alegacións que consideren oportunas. Neste sentido, indícase que pasarán á segunda fase as persoas que acaden as 30 mellores puntuacións.

Unha vez resoltas estas alegacións publicarase listaxe coa puntuación definitiva, entendéndose desestimadas as alegacións daqueles aspirantes que non experimente variación.

Segunda fase: Audicións (30 puntos máximo)

As audicións celebraranse na Coruña, na sede do Centro Coreográfico Galego (Praza de Agustín Díaz Sánchez, s/n. Complexo Deportivo de Elviña), nas datas e horas que se sinalen no momento da publicación da listaxe definitiva de seleccionados/as para esta segunda fase. En todo caso, as probas non comezarán antes das 48 horas seguintes á devandita publicación.

Esta fase constará de dúas probas, que se desenvolverán preferentemente no mesmo día:

1. Clase de danza clásica, cunha hora e media de duración. Esta proba será eliminatoria. Valoraranse os seguintes aspectos: calidade artística, técnica de puntas e técnicas de paso a dous. Tras a súa conclusión publicarase unha listaxe dos candidatos/as aptos/as que pasan á seguinte proba, cun máximo de 16 aspirantes.

2. Desenvolver un fragmento dunha peza da autoría dun dos coreógrafos invitados ou no seu defecto unha variación clásica ou contemporánea, nun tempo máximo de 3 minutos. A puntuación máxima que poden acadar os candidatos/as nesta proba será de 30 puntos. Esta proba poderá ter lugar unha vez publicada a listaxe citada no punto 1.

Rematada esta segunda fase, publicarase no taboleiro de anuncios do Departamento de Produción Coreográfica, sito na Praza de Agustín Díaz Sánchez, s/n – Complexo Deportivo de Elviña, no taboleiro de anuncios da Agadic, sito na Cidade da Cultura de Galicia, e na páxina web www.agadic.gal, listaxe de puntuacións, concedéndose un prazo de tres (3) días hábiles para formular as alegacións que consideren oportunas.

Unha vez resoltas estas alegacións publicarase listaxe coa puntuación definitiva, entendéndose desestimadas as alegacións daqueles aspirantes que non experimente variación.

Quinta. Cualificación das persoas seleccionadas

A cualificación final virá determinada pola suma das puntuacións acadadas nas dúas fases anteditas.

Rematadas as probas de selección, o tribunal publicará na páxina web da Agadic (www.agadic.gal), así como no taboleiro de anuncios da Agadic e do Departamento de Produción Coreográfica, a relación de seleccionados/as.

Cos/as candidatos/as que non resulten seleccionados/as formarase unha listaxe diferenciada por sexo, para eventuais substitucións por renuncias ou baixas dos titulares, respectándose a orde de puntuación acadada nas probas de selección.

Será posible declarar prazas desertas se, a criterio do tribunal, os/as candidatos/as non reúnen a puntuación mínima necesaria fixada conforme aos criterios de selección da presente convocatoria.

Sexta.- Lugar de publicación

A presente convocatoria publicarase nos taboleiros de anuncios do Departamento de Produción Coreográfica e da Agadic, e na páxina web www.agadic.gal.

Todas as listaxes que xere esta selección serán publicadas no taboleiro de anuncios da Agadic, do Departamento de Produción Coreográfica e na páxina web www.agadic.gal.

Sétima.- Tribunal

O tribunal encargado da selección dos candidatos, cuxos membros serán nomeados pola Dirección da Agadic a proposta coordinadora do Departamento de Produción Coreográfica desta axencia, estará constituído polos seguintes membros:

Presidente.- un/unha coreógrafo/a.

Secretario.- un membro do cadro de persoal administrativo da Agadic, que actuará con voz pero sen voto.

Vogais.- Dous/dúas profesionais da danza, un/unha dos/as cales pertencerá ao cadro de persoal fixo da Agadic.

Así mesmo, e pola Dirección da Agadic a proposta coordinadora do Departamento de Produción Coreográfica desta axencia, poderá ser nomeado un presidente suplente.

O tribunal quedará validamente constituído coa asistencia de como mínimo a metade máis un dos seus membros e a asistencia do secretario.

Oitava.- Sinatura do contrato

Os candidatos seleccionados disporán de 5 días naturais para presentar na Agadic a seguinte documentación:

⁃ Copia do DNI / NIE.

⁃ Copia da tarxeta de afiliación á Seguridade Social.

⁃ Certificado de conta bancaria.

Novena.- Cláusula derradeira.

Contra esta convocatoria, que non pon fin a vía administrativa, pódese interpoñer, recurso de alzada perante a Presidencia da Agadic no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación.

Os actos que deriven desta convocatoria poderán ser impugnados nos casos e forma establecidos pola Lei de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común.


Mostrar más

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Botón volver arriba