Convocatorias

Bases del II Certame de Nova Dramaturxia Galega Actual

La compañía Feira do Leste convoca, con el apoyo de la Diputación de Pontevedra, el II Certame de Nova Dramaturxia Galega Actual. El plazo de participación estará abierto hasta el 15 de noviembre.

 

Bases

1. Poderán concorrer ao Certame todas as persoas que o desexen, de calquera nacionalidade, con textos teatrais inéditos e non premiados noutros certames, que estean escritos en lingua galega.

2. As OBRAS serán de temática e extensión libre. E nelas deberá procurarase o bo uso da lingua galega. Cada autor poderá presentar máis dunha obra.

3. O PREMIO consta da edición e publicación da obra gañadora dentro dun volume xunto con outras pezas de dramaturgos galegos actuais. Así mesmo, o gañador recibirá 10 exemplares da obra como compensación dos dereitos de autor. Poderase outorgar o premio a varias obras ou autores se así o estima o xurado e a organización.

4. O PRAZO de presentación de orixinais comeza o 30 de setembro de 2019 e remata o 15 de novembro de 2019 (ámbolos dous incluídos).

5. O ENVÍO das obras farase exclusivamente a través do formulario de inscrición da páxina web oficial do certame ou mediante o correo electrónico certame@novadramaturxia.feidadoleste.com. Enviaranse dous arquivos: un coa obra (con título e lema) e a plica (no que constará o nome e apelidos do autor, lema, título e breve sinopse da obra, teléfono e email).

6. O XURADO estará conformado por profesionais do teatro e do mundo da cultura e prestarán especial atención á innovación dramatúrxica, as novas linguaxes contemporáneas e a singularidade temática das pezas. A elección das obras será anónima.

7. Os orixinais non premiados serán destruídos.

8. Se durante o tempo de presentación e deliberación a obra presentada recibise algún premio ou fose editada, o autor deberá comunicalo á organización do certame.

9. O feito de participar neste certame supón a aceptación total destas bases. O non previsto nelas será resolto pola organización.


Mostrar más

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Botón volver arriba