El Chivato

El CDG crea una web para difundir textos de autores actuales

El Centro Dramático Gallego (CDG) ha creado una web específica para conseguir la máxima difusión de los textos escritos por los autores de teatro gallego actuales. La iniciativa, con escasos precedentes en el Estado español, está accesible desde hoy para todos los usuarios de la Internet en el dominio dramaturxiasdaactualidade.org y como una actividad más de las generadas por el Centro de Creación Dramática Contemporánea (CDC), dependiente del CDG. O Centro Dramático Galego crea unha web específica para difundir os textos dos autores de teatro actuais
-En dramaturxiasdaactualidade.org convivirán obras dos participantes no Centro de Creación Dramática Contemporánea con títulos da dramaturxia galega e universal
-Todos os usuarios da Internet poderán acceder de xeito gratuíto á versión íntegra dos textos en formato pdf
O Centro Dramático Galego (CDG) creou unha web específica para acadar a máxima difusión dos textos escritos polos autores de teatro galego actuais. A iniciativa, con escasos precedentes no Estado español, está accesible desde hoxe para todos os usuarios da Internet no dominio dramaturxiasdaactualidade.org e como unha actividade máis das xeradas polo Centro de Creación Dramática Contemporánea (CDC), dependente do CDG.
< O novo sitio web aspira ao dobre obxectivo de ser vía de acceso de referencia para medir o pulso da escrita dramática galega actual e, ao tempo, de servir como plataforma de lanzamento para os creadores. A súa construción está deseñada para ser un híbrido entre un depósito con acceso público de textos dramáticos e un foro de lectura teatral. Tampouco desbota ser un lugar na rede onde atopar materiais, suxestións e informacións sobre o que foi escrito recentemente ou está a ser escrito na actualidade desde o sistema teatral galego.
Neste espazo virtual convivirán un número ilimitado de textos escritos polos participantes no laboratorio de escrita permanente Pistas para unha dramaturxia da actualidade –que dirixe dentro do CDC o autor e director teatral Cándido Pazó– con outras obras de autores emblemáticos da dramaturxia galega que queiran utilizar este medio para dar a coñecer os seus textos e propostas. Tamén hai un espazo para títulos actuais escritos en calquera lingua, así como para obras en reposición e textos de espectáculos producidos nos últimos anos polas compañías galegas e que estas queiran trasladar a estudosos, teatro amador e escolar, ou a futuras reposicións e novas montaxes.
Salvagarda da propiedade intelectual
A interface proporciona acceso libre a gratuíto aos textos completos, que foron debidamente autorizados polos autores, se ben quedan reservados todos os dereitos de propiedade intelectual de tal xeito que o uso público de cada obra require o permiso do creador.
Os textos están accesibles en formato pdf. Cada un deles vai acompañado dunha ficha técnica coa información práctica da obra: título, ano de creación, público ao que vai dirixido, número de personaxes masculinos e femininos, número de baixadas do arquivo, breve sinopse do argumento e unha pequena nota biográfica do autor en destacado.
Ademais, e para facer máis doada a localización, incorporouse un motor de busca por distintas categorías, como son o autor/a, título, ano, público, número de personaxes e texto libre. Tamén hai un foro de intercambio de opinións e xeración de debates sobre obras, temáticas e tendencias que conforman a escrita dramática de hoxe en día en Galicia.
Con dramaturxiasdaactualidade.org, o CDG segue a apostar pola súa política de poñer en conexión por todas as vías posibles o traballo de produción escénica coas temáticas que interesan á sociedade do século XXI, neste caso desde o seu apoio á difusión da obra de autores contemporáneos e en resposta á demanda de moitos deles de crear desde a institución unha plataforma conxunta para dar a coñecer os seus títulos.
A directora do CDG, Cristina Domínguez Dapena, xa adiantara no pasado mes de novembro en Alacante no marco da Muestra de Teatro Español de Autores Contemporáneos a posta en marcha desta web que suscitou grande interese entre os dramaturgos congregados neste encontro.


Mostrar más

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Botón volver arriba