Estrenos

El CDG estrena en Santiago ‘O regreso ao deserto’ de Koltés

El próximo viernes día 20 de octubre y hasta el 19 de noviembre, se podrá ver en el Salón Teatro de Santiago de Compostela, la primera versión en gallego de ‘O regreso ao deserto’ de Barnard-Marie Koltès que en producción del Centro Dramátco Galego con dirección de Criistina Domínguez. O Centro Dramático Galego (CDG) inaugura o vindeiro venres a súa nova temporada teatral coa estrea, ás 21.00 horas no Salón Teatro de Santiago, do espectáculo O regreso ao deserto, primeira versión en galego desta obra do dramaturgo francés Bernard-Marie Koltès. A directora da compañía adscrita ao IGAEM (Instituto Galego das Artes Escénicas e Musicais) da Consellería de Cultura e Deporte, Cristina Domínguez, púxose á fronte desta montaxe que permanecerá en Compostela até o 19 de novembro e será representada noutras oito localidades galegas até finais de xaneiro de 2007.
Celso Parada e Luísa Merelas encabezan o elenco de 14 actrices e actores (Toni Salgado, Rocío González, Alberto Rolán, Ursia Gago, Josefa Barreiro, Pilar Pereira, Manuel Areoso, Robert Matthews, Mohamed Azibou, César Goldi, Alfredo Rodríguez e Vicente Montoto) desta produción, na que nomes consagrados comparten cartel con novos valores da escena galega.
A montaxe de O regreso ao deserto, a partir da tradución realizada por Fernando Moreiras, supón a incorporación ao repertorio escénico en galego da derradeira obra estreada en vida por Koltès (Metz, 1948-París, 1989). Considerado como unha das máis salientables figuras da dramaturxia europea contemporánea, os seus textos obtiveron axiña un amplo recoñecemento tanto en Francia como noutros países, converténdose nun dos autores máis representados en toda Europa.
As pezas de Bernard-Marie Koltès propoñen unha volta a principios dramáticos pouco frecuentados polos seus coetáneos, como a loita entre contrarios, tal e como sucede na obra que sube agora aos escenarios galegos da man do CDG. Escrita en 1988, O regreso ao deserto constata o deterioro das relacións Norte-Sur, así como os profundos cambios sociais derivados da inmigración, a través do conflito que o autor sitúa nun contorno pechado –unha familia dunha vila francesa de provincias nos primeiros anos sesenta–, no que se deixa notar a presenza inquietante e difusa da guerra de Alxeria.


Mostrar más

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Botón volver arriba