Entrega de los XVII Premios María Casares
El Teatro Rosalía Castro da Coruña acogió la ceremonia de entrega los XVIII Premios María Casares donde un total de 11 producciones teatrales competían en las trece categorías en las que se dividen los galardones de teatro, organizados por la Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG). A la gala, que se retransmitió en diferido por la Televisión de Galicia acudiron máis de 550 convidados, entre profesionales del sector, asociados, periodistas e invitados en general que presenciaron el espectáculo ideado por la compañía Ibuprofeno. Marián Bañobre e Isabel Risco presentaron la gala, dirigida por Santiago Cortegoso.
Ao longo da noite déronse a coñecer os gañadores dos Premios María Casares de Teatro deste ano. RESULTADOS:
EUROZONE: (4) Mellor Iluminación, (Fidel Vázquez)
escenografía, (Chévere—Javier Domingo Ballestín)
actriz secundaria (Patricia Lorenzo)
espectáculo (Eurozone)
As do Peixe: (3) Mejor texto original (Cándido Pazó)
Mejor actriz protagonista (Susana Dans)
Mejor dirección. (Cristina Domínguez)
Bye, Bye Honey: (2) Música orixinal (Carlos Mosquera ‘Mos’)
actor secundario (César Goldi)
A Charca Inútil (1): Mejor adaptación-traducción (Xosé Manuel Pazos Varela)
Walt (1): Mejor vestuario (Uxía P. Vaello)
C’EST LA VIE: (1) Mejor maquillaje (Trini Silva)
As mil vidas de Matias Houseman (1): Mejor actor protagonista (Josito Porto)
DISCURSO DO PRESIDENTE
O presidente da Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG), Avelino González, comezou o seu discurso cos agradecementos aos patrocinadores e colaboradores da gala (Consellería de Cultura e Educación, a través da Agadic, Concello da Coruña, Fundación SGAE, Fundación AISGE, Gadisa, Superbock, Padroado de Cultura de Narón, Emsac, o equipo Teatro Rosalía Castro, o Centro Dramático Galego, Trevisani e a TVG). Acto seguido agradeceulle a profesión escénica o seu esforzo nestes tempos. «Dámosvos as grazas a to@s por facer teatro, tod@s vós mantedes os teatros abertos. Agardamos coincidir con tod@s nos escenarios este ano, o que vén e o seguinte, todos os anos», sinalou Avelino González antes de dirixir o seu discurso cara «ao público, á cidadanía, á sociedade.» «Ninguén nos pode reprochar que os vosos soños e os vosos problemas son as nosas fontes de inspiración. Collemos esa inspiración para devolvervos arte», sentenciou o presidente da AAAG antes de brindar polo público.
MANIFESTO E PREMIO DE HONRA
O Premio de Honra Marisa Soto homenaxeou a Xosé Manuel Olveira Pico, falecido o ano pasado. A ovación, con todo o público en pé, amosou unha vez máis que Pico era un dos actores máis queridos, tanto polo público como polos compañeiros de profesión. A Xunta Directiva da AAAG subiu ao escenario para entregarlle o galardón ao fillo do intérprete, Pablo Olveira.
Pola súa banda, o xornalista Camilo Franco leu o Manifesto Galego do Día Mundial do Teatro. No seu texto, destacou que o teatro «é unha arma de organización masiva» contra os problemas do mundo. Ademais, o tamén crítico teatral subliñou que a escena é «un espello para decatarnos de que somos moi malos: querémonos mal e matámonos moi ben». Dadas as circunstancias da actualidade, asegura,»o teatro debe poñer o mundo a andar».