El Chivato

Recogida de firmas ‘Contra la Privatización del Teatro Colón’

Ante la posible privatización del Teatro Colón de A Coruña, la Asociación de Amigos del Teatro Colón ha lanzado una campaña de recogida de firmas, cuyo texto reproducimos íntegramente. Noticias aparecidas na prensa nos últimos días informaban sobre a posible privatización do Teatro Colón da Coruña. Segundo esas fontes desde hai tempo existe unha negociación entre a Deputación Provincial, propietaria do edificio, e unha entidade financeira que podería xestionar o teatro para rematar facéndose dona do mesmo ó cabo dos anos.
O Teatro Colón, que é un ben público, é tamén un edificio singular, histórico e emblemático da cidade e un espacio imprescindible cara a normalización da exhibición das artes escénicas na nosa comunidade.
Que unha institución pública coma a Deputación da Coruña, actualmente governada polo PSOE e o BNG, contemple a venda a unha entidade privada dun espacio cultural que pertence a tódolos cidadáns causa alarma, malestar e preocupación nos axentes culturais da cidade, da provincia e de toda Galicia.
Os abaixo asinantes, entidades e cidadáns comprometidos coa cultura deste país, queremos manifestar a nosa oposición a unha operación que suporía a utilización do voto para mercadear e especular sen ética co patrimonio cultural de Galicia, e esiximos á Deputación Provincial da Coruña que deteña calquera intento de privatización do Teatro Colón.
Autorizo a utilización do meu nome e D.N.I, para adxuntar ó escrito que se presentará na Excma. Deputación da Coruña “Contra a privatización do Teatro Colón”.

NOME:
D.N.I.:
PROFESIÓN:
LOCALIDADE:

Nota: Prégase o envío desta autorización e datos das empresas, asociacións e persoais, antes do 20 de xuño de 2004 a amiteatrocolon@terra.es :asunto amigos teatro Colón.


Mostrar más

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Botón volver arriba