XIX Festival Manicómicos en A Coruña
A Coruña celebra del 15 al 18 de agosto el XIX Festival Manicómicos, que ofrecerá una programación formada por diez espectáculos.
PROGRAMACIÓN
APARVAOLIMPIADAS MERE CLOWN (Galicia)
Xoves 15, 19h / Exterior Casa das Ciencias / 45′ / Todo público
Espectáculo de clown, pantomima e slapstick, con grandes doses de improvisación, interpretado por David Merelas. Un simulacro de atleta polipatético pretende acadar a tan desexada medalla olímpica, xogando con todo canto problema se lle presenta. Conseguirao?
WELCOME TO MY HEAD KEROL (Cataluña)
Xoves 15, 20:30h / Anfiteatro Sta. Margarida
Venres 16, 22h / Obelisco / 45′ / Todo público
Humor sen palabras, malabares imposibles e a maxia do Beatbox, nun espectáculo soberbio, internacionalmente aclamado polo público, interpretado por Kerol Lee. Un home ao bordo da esquizofrenia lévanos de viaxe polo seu cerebro para descubrir o absu do dos nosos tempos.
LUBBERT INDA PEREDA (Cataluña)
Xoves 15, 22h / Explanada bancos Sta. Margarida / 60’/ +16anos
Comedia xestual inspirada no cadro «O xardín das delicias» do Bosco, interpretada por Inda Pereda. Lubbert, o primeiro bosquexo de ser humano da terra, preséntanos o seu particular e excéntrico xardín, cheo de personaxes grotescos, imaxes surrealistas e absurdos sen fin.
SLAPSTICK CIA. MAR GÓMEZ (Cataluña)
Venres 16, 12:30h / Xardíns Méndez Núñez / 30′ / Todo público
Unha comedia de humor fisico, clown e danza, que bebe das fontes do cine mudo e o slapstick, interpretado por Xavier Martínez. Nesta curtametraxe cómica sen pantalla, un home coas súas maletas comeza a impacientarse no andén da estación tras perder o seu tren.
LA VIE EN ROSE CiA. MAR GÓMEZ (Cataluña)
Sábado 17, 22h / Campo da Leña / 35′ / Todo público
Unha home naxe ao mundo do cine desde o humor, a parodia e a danza-teatro, con Mar Gómez e Xavier Martínez. Nesta historia de devastación, unha parella libra unha batalla encarnizada por aniquilarse a si mesma, como se dunha película de terror romántico se tratase.
WET FLOOR CRIS-IS (Cataluña)
Venres 16 , 19h / Obelisco
Sábado 17, 12:30h / Campo da Leña / 30′ / Todo público
Comedia hilarante en clave de clown, interpretada por Cristina Solé. Unha empregada de limpezada empresa Wet Floor ten a encarga de deixar o escenario preparado para unha función teatral. Unha tarefa aparentemente sinxela que remataráen misión imposible abocada ao desastre.
OH, LIMPIADAS! SINCRONACIDAS (Galicia)
Venres 16 , 20:30h / Xardíns Méndez Núñez / 45′ / Todo público
Unha comedia disparatada con portes acrobáticos e moito lixo, reciclado polas pallasas Greta Mari e Mónica Súarez. Dúas operarias de limpeza entran nun mundo de ensoñación, convertendo a súa aburrida xornada laboral nunha auténtica competición olímpica, narrada en directo por Julia Luna.
SET UP LOS BARLOU (Cataluña)
Sábado 17, 19h / Campo da Leña
Domingo 18, 12:30h / Anfiteatro Sta. Margarida / 60′ / Todo público
Malabares, maxia, monociclos, equilibrios imposibles e moito humor, da man de Dani «Patillas», «Miner» Montell e Jordi Juanet «Boni». Tres personaxes excéntricos pretenden emular a fastuosidade das grandes producións, cun gusto máis que dubidoso e un estilo algo decadente.
C’EST PAS POSSIBLE SEMPRE ARRIBA (Galicia)
Sábado 17, 20:30h / Campo da Leña / 45′ / Todo público
Un espectáculo en clave de clown, con acrobacias aéreas, interpretado por Marta Iglesias. Acostumada a traballar na sombra, a técnica montadora do pórtico de aéreos do espectáculo da Gran Artista, deixará voar a sú a imaxinación coa axuda do público, para chegar a facer o imposible.
GALA PECHE XIX FESTIVAL MANICÓMICOS
Domingo 18, 19h / Anfiteatro Sta. Margarida / 90′ / Todo público
Unha edición máis, A.C. Man icómicos organiza unha gala de humor e circo como peche do festival. Pola pista circense do anfiteatro do parque pasarán artistas da asociación e outros convidados do festival e do panorama circense galego. Despediremos o XIX Festival Manicómicos por todo o alto.